Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 16 de xuño de 2017 Páx. 29698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

CÉDULA do 19 de maio de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se lles notifica ás persoas relacionadas a facturación ao seu nome de servizos sanitarios prestados, no caso de non achegaren os datos necesarios para facturar ao terceiro obrigado ao pagamento.

Mediante esta cédula, e debido a que os debedores relacionados non se atoparon nos domicilios que figuran nos rexistros do centro, ou que se alegaron distintas causas para non recibir as notificacións por parte das persoas que a lexislación autoriza para facerse cargo delas, comunícaselles ás persoas incluídas na relación que se insire que:

Segundo o recollido no anexo IX do Real decreto 1030/2006, do 15 de setembro, polo que se establece a carteira de servizos do Sistema Nacional de Saúde e o procedemento para a súa actualización, así como no artigo 83 da Lei xeral de sanidade e na disposición adicional 22 do texto refundido da Lei xeral de seguridade social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/1994, do 20 de xuño; de non achegaren no prazo de 10 días os datos e a documentación necesaria para poder facturar ao terceiro obrigado ao pagamento a asistencia sanitaria que lle foi prestada neste centro sanitario, os gastos asistenciais serán ao seu cargo, tal e como se recolle no artigo 1 do Decreto 56/2014, do 30 de abril (DOG nº 96, do 21 de maio), polo que se establecen as tarifas dos servizos sanitarios prestados nos centros dependentes do Servizo Galego de Saúde, polo que se emitirá factura de gastos sanitarios ao seu nome.

Para todo tipo de consulta ou aclaración sobre a documentación que deben achegar, deberán poñerse en contacto co Servizo de Facturación deste centro sanitario no teléfono 981 33 45 06.

Para que conste, lle sirva de notificación ao interesado e en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido, asino e selo esta cédula. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ferrol, 19 de maio de 2017

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol

ANEXO

Nome do doente

DNI/NIF

Sali --- Loventa

2940519460039

Sali --- Florin

1940709133911

González Fernández Isidora

071678048C

Sancho Blanco Ana María

070060869V

Rivera Castroda José Luis

078850259A

Silven Sixto Irene

032716426F

Ferradas Calvo Margarita

047352429Y

Iglesias López José

032630621S