Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29371

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 5 de xuño de 2017 polo que se notifica aos interesados a concesión do trámite de audiencia e a resolución de adxudicación relativos ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles aos interesados que se sinalan no anexo deste anuncio a concesión do trámite de audiencia e a resolución de adxudicación relativos ao procedemento de cesión de predios con vocación agraria.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

O interesado poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (Lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: 20071501861, 20071501871, 20071501883, 20071501884.

Interesada: Asociación Cultural A Lura.

Acto que se notifica: resolución de adxudicación temporal de predios.

Último domicilio coñecido: r/ Sor Joaquina, nº 2, A-1. 15011, A Coruña.

Expediente: 20083200632, 20083200647.

Interesado: José Carlos Carrión Márquez.

Acto que se notifica: resolución de adxudicación temporal de predios.

Último domicilio coñecido: r/ Alejandro Pedrosa, nº 77, 1º A. 32001, Ourense.

Expediente: 20143200115.

Interesado: Darío González Cerdeira.

Acto que se notifica: concesión de trámite de audiencia.

Último domicilio coñecido: De Feás, nº 6, Vecoña. 32322 Boborás, Ourense.

Expediente: 20143200001.

Interesado: Luis María Llorente de Mata.

Acto que se notifica: resolución de adxudicación temporal de predios.

Último domicilio coñecido: r/ Xulia Minguillón, nº 46. 32002, Ourense.