Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29348

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de deseño, organización, montaxe, desmontaxe e transporte do posto da Consellería no certame feiral SIC Gourmets que terá lugar en Madrid do 24 ao 27 de abril de 2017 (expediente 12/2017).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizos necesarios para o deseño, a organización, a montaxe, a desmontaxe e o transporte dun posto da Consellería do Medio Rural na feira Gourmets que terá lugar en Madrid do 24 ao 27 de abril de 2017.

c) Enderezo de internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=110483

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 40, do 27 de febreiro de 2017.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente, aberto, non suxeito a regulación harmonizada e documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 132.231,41 €; IVE (21 %): 27.768,60 €. Importe total: 160.000,01 €.

Valor estimado: 132.231,41 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 5 de abril de 2016.

b) Adxudicataria: Escenoset, S.L.

c) Importe: 142.780 €, IVE incluído.

d) Data de formalización do contrato: 7 de abril de 2016.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: obtivo a puntuación máis alta na oferta técnica e na oferta económica e cumpre os requisitos sinalados nos pregos. Resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017

Mª del Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural