Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2017 pola que se convoca a contratación, por procedemento aberto, do contrato suxeito a regulación harmonizada da subministración, instalación e posta en marcha de novas tecnoloxías nos centros públicos de atención a persoas maiores e con discapacidade, de titularidade e xestión propia da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de desenvolvemento rexional no marco do programa operativo 2014-2020 (expediente PA 21/2017).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade.

c) Obtención da documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Económicos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfono: 981 54 56 50/981 54 69 87.

4º. Fax: 981 54 56 63.

5º. Correo electrónico: xestion.politicasocial@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite para a obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: PA 21/2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración

b) Descrición: subministración, instalación e posta en marcha de novas tecnoloxías nos centros públicos de atención a persoas maiores e con discapacidade, de titularidade e xestión propia de xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: centros públicos de atención a persoas maiores e con discapacidade, de titularidade e xestión propia de xunta de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: dezaseis meses desde a sinatura do contrato.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia nomenclatura): 30210000 Máquinas procesadoras de datos, 30230000 Equipamento relacionado coa informática, 48900000 Paquetes de software e sistemas informáticos diversos.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: ver cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: cincocentos oitenta e sete mil novecentos nove euros con cincuenta céntimos (587.909,50 €).

5. Orzamento:

a) Orzamento base de licitación: cincocentos oitenta e sete mil novecentos nove euros con cincuenta céntimos (587.909,50 €), ao cal se lle engaden cento vinte e tres mil catrocentos sesenta euros con noventa e nove céntimos (123.460,99 €) que corresponden ao IVE, polo que o importe total do expediente de gasto é de setecentos once mil trescentos setenta euros con corenta e nove céntimos (711.370,49 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación do contrato, IVE excluído.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver cláusula 7.1 do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: 10 de xullo de 2017.

b) Lugar de presentación: Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Xunta de Galicia (enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Admisión de variantes: non.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público, cualificación da documentación xeral.

Apertura dos sobres B: acto público, apertura da documentación non avaliable mediante fórmulas.

Apertura dos sobres C: acto público, apertura da documentación avaliable mediante fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicarase na Plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, hora e lugar de apertura dos sobres A, B e C.

10. Gastos de publicidade: 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia, que serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=167832

Santiago de Compostela, 7 de junio de 2017

O conselleiro de Política Social
P.D. (Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social