Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 30 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente en materia de residuos CO-RES-2014-0220 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia segundo o disposto no artigo 46.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial e pola instrutora.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na xefatura territorial, sita no Edificio Administrativo Monelos, Vicente Ferrer, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

A eficacia do presente anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 30 de maio de 2017

Cristina Carrión Rodríguez
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: CO-RES-2014-0220.

Interesada: Muebles Terrón, S.L.

Acto notificado: terceira multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2015-0090.

Interesado: Luis Miguel Romaus Rodríguez.

Acto notificado: primeira multa coercitiva.

Expediente: CO-RES-2016-0175.

Interesado: José Luis Guillén Garro.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2017-0042.

Interesados: Ángel Borja Silva e Daniel Borja Carracedo.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: CO-RES-2017-0064.

Interesado: Patrica Sali.

Acto notificado: resolución.

Expediente: CO-RES-2017-0104.

Interesada: Marian Sali.

Acto notificado: acordo de iniciación.