Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29334

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a contratación, documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, tramitación ordinaria, do servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de medicina do traballo, para o persoal docente e non docente destinado en centros públicos docentes non universitarios, dependentes desta consellería.

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: 981 95 74 79-981 95 78 19-981 54 44 28. Telefax: 981 54 54 43.

5º. Correo electrónico: servizodeprevencion@edu.xunta.es

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=169469

7º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de prevención alleo de riscos laborais, especialidade de medicina do traballo para o persoal docente e non docente (funcionario e laboral) destinado en centros públicos docentes non universitarios, dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugares de execución: levarase a cabo nas localidades de obrigada prestación sinaladas na cláusula 2-2.3 do PPT.

e) Prazo de execución: desde o día seguinte ao da súa formalización ata o 15 de maio de 2018.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV:85120000-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 9 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 673.000,00 euros (exento do IVE conforme o artigo 20.1.3 da Lei 37/1992 do IVE).

5. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación (33.650,00 euros).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: a acreditación da clasificación grupo N, subgrupo 1 e categoría D non precisará xustificar a solvencia polos medios sinalados na cláusula 5.2 do PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas na cláusula 5 do PCAP.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 14.00 horas do décimo día natural posterior á publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o derradeiro día de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral e de Información á Cidadanía da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: terá lugar en acto público, o sétimo día natural seguinte ao da data de apertura da documentación administrativa (sobre A), que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante. De coincidir este en día inhábil, trasladarase ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, a razón de 10,82 euros por cada liña publicada.

Santiago de Compostela, 8 de xuño do 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria