Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29297

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (PO 814/2015).

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada o día 26.5.2017, no proceso seguido por instancia de Víctor Manuel Falque Tapia contra Pescados Juan Fernández, S.L. e Diego Comendaro Alonso rexistrado co nº PO 814/2015, acordouse notificar parte dispositiva do decreto de desistencia do 24.1.2017, ditado no procedemento a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro:

«Decreto: 40/2017

PO procedimiento ordinario 814/2015

Demandante: Víctor M. Falque Tapia

Demandados: Pescados Juan Fernández, S.L., Fondo de Garantía Salarial

Avogado/a: Fogasa

Letrada da Administración de xustiza: Susana Varela Amboage.

En Santiago de Compostela, vinte e catro de xaneiro de dous mil dezasete.

Parte dispositiva:

Acordo: ter por desistido a Víctor M. Falque Tapia da súa demanda e, unha vez firme esta resolución, arquivaranse os autos.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento».

E para que sirva de notificación a Pescados Juan Fernández, S.L. expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza