Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Xoves, 15 de xuño de 2017 Páx. 29444

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación do servizo de ampliación e renovación de licenzas da ferramenta corporativa de protección de sistemas informáticos. Contratación documentalmente simplificada (expediente AB-SER1-17-015).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3º. Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

4º. Teléfono: 881 54 18 27.

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: AB-SER1-17-015.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: servizo de ampliación e renovación de licenzas da ferramenta corporativa de protección de sistemas informáticos.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: dous anos desde a súa formalización.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV(referencia de nomenclatura): 72500000-0.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

Concepto

Puntación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

Execución da migración

0-10

Características técnicas

0-10

Plan de implantación

0-10

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

Oferta económica

0-50

Nivel de soporte

0-15

Prazo de execución

0-5

4. Valor estimado do contrato: 201.750 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 161.400 euros. Importe total: 195.294 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional (importe): non. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría):

Grupo V, subgrupo 2 ou 5 e categoría A/1 ou superior.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver letras e) e f) da cláusula 6.6.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Sé o último día de presentación de solicitudes coincide en día inhábil na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703-Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura sobre B, terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, as 9 horas do décimoprimeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

Apertura do sobre C, publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Mª Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos