Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 12 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Rois (expediente IN407A 2017/068-1).

Expediente: IN407A 2017/068-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento Agronovo.

Concello: Rois.

Características técnicas:

Tramo liña de media tensión aérea (actuación nº 1), a 20 kV, coa orixe en apoio existente D15 da LMT PAD810/811, cunha lonxitude de 195 m, condutor tipo LA-110 mm2 AI, e final no apoio proxectado D17 da LMT PAD810/811.

Tramo liña de media tensión aérea (actuación nº 2), a 20 kV, coa orixe en apoio proxectado nº 18 da LMT PAD810, cunha lonxitude de 268 m, condutor tipo LA-110 mm2 AI, e final no apoio existente nº 21 da LMT PAD810.

Tramo liña de media tensión aérea (actuación nº 3), a 20 kV, coa orixe en apoio proxectado nº 17-1 da LMT a CT Agronovo, cunha lonxitude de 150 m, condutor tipo LA-56 mm2 AI, e final no apoio existente nº 17-2 da LMT a CT Agronovo.

Tramo liña de media tensión subterránea (actuación nº 1), a 20 kV, cunha lonxitude de 150 m, coa orixe no apoio proxectado D17 da LMT PAD810/811, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 AI e final no CS proxectado.

Tramo liña de media tensión subterránea (actuación nº 2), a 20 kV, cunha lonxitude de 230 m, coa orixe no CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 AI e final no apoio proxectado nº 18 da LMT PAD 810.

Tramo liña de media tensión subterránea (actuación nº 3), a 20 kV, cunha lonxitude de 95 m, coa orixe no CS proxectado, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1x240 mm2 AI e final no apoio proxectado nº 17-1 da LMT a CT Agronovo.

Centro de seccionamento 3L telecontrolado GSM/GPRS/FO manobra exterior.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 12 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña