Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 19 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual número 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Mos, promovida por Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A. (expediente 2017AAE2015; código 1917/2017).

De acordo co artigo 31 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público o informe ambiental estratéxico do 18 de maio de 2017 sobre a modificación puntual nº 2 do proxecto sectorial do parque empresarial de Mos, promovida por Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático