Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28908

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 2 de xuño de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia no expediente de expropiación IN407A 2005/12-1, nos concellos de Dumbría e Mazaricos.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada Aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, no río Xallas, no concellos de Dumbría e Mazaricos (expediente IN407A 2005/12-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 2 de xuño de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2005/12-1.

Entidade beneficiaria: Ferroatlántica, S.A.U.

Denominación da instalación: aproveitamento hidroeléctrico de Novo Castrelo, no río Xallas.

Concellos: Dumbría e Mazaricos.

Predio

Depósito

Titularidade proposta

Incidencia

41

517/2016

Herdeiros de María Lema Carreira

Enderezo ignorado