Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28943

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2017 pola que se modifica a Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, da obra do proxecto de construción para a mellora, acondicionamento e sinalización do Camiño Fisterra-Muxía, por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo específico 6.3.2.

missing image file

Advertido erro na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 103, do 1 de xuño de 2017, faise necesario realizar a oportuna corrección:

No enunciado onde di: «Resoluicón do 26 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, da obra do Proxecto de construción para a mellora, acondicionamento e sinalización do Camiño Fisterra-Muxía, por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado. Cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, no obxectivo específico 6.3.2.», debe dicir: «Resolución do 26 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación para a contratación, non suxeita a regulación harmonizada, da obra do Proxecto de construción para a mellora, acondicionamento e sinalización do Camiño Fisterra-Muxía, por procedemento aberto, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado».

Na epígrafe 8. Presentación de ofertas, onde di: «Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ...»; debe dicir: «Data límite de presentación: o vixésimo sexto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia,...».

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2017

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia