Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28591

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 56/2017, do 8 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao.

En atención aos méritos que neles concorren, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día oito de xuño de dous mil dezasete, concédeselles a Medalla Castelao a:

– Xusto Beramendi González.

– Xosé Ramón Gayoso Bonigno.

– Cristina Pato Lorenzo.

– Centro Oceanográfico de Vigo.

– Grupo Nove.

Santiago de Compostela, oito de xuño de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza