Manuel Ángel Matos Fuentes interpuxo recurso contencioso-administrativo que se tramita como procedemento abreviado núm. 83/2017 no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña. O dito recurso contencioso-administrativo ten por obxecto a Orde do 8 de marzo de 2017 (DOG do 16 de marzo), pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da Dirección dos centros públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2016, do 3 de maio.
De conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a través do presente anuncio notifícase a interposición do antedito recurso contencioso-administrativo, para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, que se emprazan para que poidan comparecer, se o consideran oportuno, no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 da Coruña (rúa Enrique Mariñas s/n, Edificio Proa, 5º andar, na cidade da Coruña), no prazo de nove días, para constituírse como parte interesada no proceso xudicial indicado. Ese prazo dos 9 días comeza a contar desde o día seguinte ao da publicación deste escrito.
Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos