Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28830

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomea o tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 6, do 10 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais.

Por Resolución do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que o tribunal cualificador do concurso-oposición será nomeado pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao día da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, con carácter definitivo, a relación das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso na categoría de técnico/a superior en prevención de riscos laborais convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Segundo. A lista coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderá examinarse na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear os membros do tribunal, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 22 de decembro de 2016, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Persoal técnico superior en Prevención de Riscos Laborais

Presidente/a titular

Mariño Baamonde, Ana Isabel

Persoal funcionario do corpo superior de inspectores de traballo

Unidade especializada de Seguridade e Saúde Laboral de Pontevedra

Secretario/a titular

Martínez Blanco, Ramón

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia

Vogal titular

Pascual del Río, Jorge

Persoal funcionario subgrupo A1. Disciplina preventiva de seguridade no traballo e hixiene industrial.

Servizo de Prevención de Riscos Laborais do Servicio Navarro de Saúde

Vogal titular

Rocatí Gil, José Manuel

Persoal estatutario de xestión e servizos. Técnico superior de seguridade no traballo

Axencia Valenciana de Saúde

Vogal titular

González Abeijón, Fernando

Personal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

Subdirección Xeral Técnica e de Planificación do ISSGA

Presidente/a suplente

González Nóvoa, Hector

Persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia

Centro Territorial do ISSGA de Ourense

Secretario/a suplente

Recacho Rivas, Laura

Persoal estatutario de xestión e servizos. Grupo técnico da función administrativa

Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade-Xunta de Galicia

Vogal suplente

López Álvarez, Ángel

Persoal funcionario do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia

Centro Territorial do ISSGA de Ourense

Vogal suplente

Galíndez Alberdi, Iñaki

Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico especialista do traballo

Servizo Vasco de Saúde-Osakidetza

Vogal suplente

Calparsoro Damian, José

Persoal estatutario licenciado sanitario. Médico especialista do traballo

Servizo Vasco de Saúde-Osakidetza