Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28572

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Corcubión

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de reforma interior en Quenxe.

Mediante Resolución da Alcaldía 101/2013, do 22 de marzo, foi aprobado inicialmente o Plan especial de reforma interior en Quenxe, parcela con referencia catastral 4542806MH8544S0001LI, situada a carón da avenida Rosalía de Castro (estrema ao oeste) e da praia de Quenxe (estrema ao leste), e na que se sitúa o actual Museo Marítimo, presentado por Federico Castro-Rial Schuler, en representación de Inmobiliaria Sicar, S.L, redactado por Iceacsa.

Redactado un novo proxecto co obxecto de atender as consideracións indicadas polos diferentes organismos sectoriais, e considerando que o dito documento introduce modificacións substanciais, con respecto ao aprobado inicialmente, mediante a Resolución da Alcaldía 138/2017, do 17 de abril, e de conformidade co previsto no artigo 75.1.c) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acordouse abrir un novo trámite de información pública para que, durante o prazo de dous meses, contados a partir da última das publicacións no Diario Oficial de Galicia, e nun dos xornais de maior difusión da provincia, as persoas interesadas examinen o expediente na Secretaría do Concello e formulen as alegacións que xulguen pertinentes.

Corcubión, 17 de abril de 2017

Manuel Insua Insua
Alcalde