Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28480

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 243/2015).

PO Procedemento ordinario 243/2015

Procedemento orixe: /

Sobre ordinario

Demandantes: Fundación Laboral de la Construcción

Avogado: Adrián Núñez Fernández

Demandado: Lisardo Inversiones, S.L.

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 243/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Lisardo Inversiones, S.L., sobre ordinario, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di:

«Parte dispositiva.

– Admitir a trámite a demanda presentada e, en consecuencia:

– Citar as partes para compareceren o día 18.10.2017 ás 9.45 horas na sede deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez tentada e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 18.10.2017 ás 9.50 horas na planta baixa, Sala 1, Edificio Rúa Berlín, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda; advírtese igualmente á parte demandada que a súa incomparecencia aos referidos actos non impedirá que se celebre e estes continuarán sen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, deuse conta ao xuíz.

– Ao outrosí primeiro, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido de avogado para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta a SSª do sinalamento efectuado.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lisardo Inversiones, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza