Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28525

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de maio de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica a resolución ditada no expediente administrativo devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que no anexo se relaciona a resolución ditada no expediente administrativo devolta polo servizo de Correos, por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para examinaren a resolución da Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situada no Complexo Administrativo de San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da notificación.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

Expediente: Tecnihogar, S. Coop. Galega, en constitución.

Interesado: Benjamín Mathieu Ferre.

Resolución: conclusión por desistencia.