Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28517

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2017 pola que se convoca a contratación documentalmente simplificada, polo procedemento aberto, dun servizo para o mantemento das instalacións de calefacción, climatización e ventilación das oficinas de emprego da Xunta de Galicia nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia (expediente 2017_006_SXT_OPL).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía, Emprego e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Proxectos e Obras.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Proxectos e Obras.

2º. Dirección: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3º. Teléfonos: 981 54 01 13/981 54 29 99.

4º. Fax: 981 54 01 18.

5º. Correo electrónico: contratosareaemprego@xunta.gal

6º. Páxina web: http://www.contratosdegalicia.es

7º. Data límite de obtención de documentación e información: ata o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 2017_006_SXT_OPL.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: realización dun servizo, por lotes, para o mantemento das instalacións de calefacción, climatización e ventilación das oficinas de emprego da Xunta de Galicia localizadas nas catro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia e que se relacionan no anexo III do prego de prescrición técnicas (PPT), así como aqueloutras que se poidan incorporar ao contrato durante a súa vixencia, de acordo co establecido na cláusula 2 do dito prego.

c) División por lotes e número de lotes: si, 4.

d) Lugar de execución/entrega: Comunidade Autónoma de Galicia.

e) Prazo de execución/entrega: o sinalado na cláusula L da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) Nomenclatura CPV (vocabulario común de contratos públicos): 50000000-5 (servizos de reparación e mantemento); 50700000-2 (servizos de reparación e mantemento de equipamentos de edificios).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: véxase cláusula K da folla de especificacións do PCAP.

4. Orzamento base de licitación: setenta e cinco mil seiscentos corenta e catro euros con cincuenta e catro céntimos (75.644,54 €), IVE incluído.

5. Valor estimado do contrato: cento trinta e sete mil cincocentos trinta e cinco euros con cincuenta e dous céntimos (137.535,52 €).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE, constituída ante a Caixa Xeral de Depósitos.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas comezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais. No cómputo do dito prazo inclúense os sábados, domingos e festivos e, cando o último día do prazo coincida en sábado, domingo ou festivo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia (situado en San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), en horario de oficina ou por correo, dirixidos á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar; 15781 Santiago de Compostela). Sen prexuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido na cláusula 6 do PCAP.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no PCAP.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición:

Apertura do sobre A: acto non público de cualificación da documentación xeral administrativa.

Apertura do sobre B: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios cuantificables mediante xuízos de valor.

Apertura do sobre C: apertura en acto público da documentación relativa aos criterios avaliables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: indicaranse na plataforma de contratación da Xunta de Galicia a data, a hora e o lugar de apertura dos sobres B e C.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Información adicional: os pregos pódense obter na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=164672

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2017

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria
P.D. (Orde do 10.6.2016)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía, Emprego e Industria