Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28576

VI. Anuncios

b) Administración local

Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra

ACORDO marco para o servizo de persoal técnico e auxiliar e equipamento para a preparación, execución e desenvolvemento das actuacións, espectáculos e actividades culturais programadas polo organismo autónomo no Teatro Principal e no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

1. Entidade adxudicadora: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra.

2. Obxecto: o servizo de persoal técnico e auxiliar e equipamento para a preparación, execución e desenvolvemento das actuacións, espectáculos e actividades culturais programadas polo organismo autónomo no Teatro Principal e no auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra.

3. Procedemento e forma: aberto con criterios de dous tipos. Tramitación ordinaria.

4. Valor estimado: 578.640,00 €.

5. Garantía provisional: si. Importe depende do/dos lote/s a/s que se oferte. Ver cadro de características do contrato no PCAP.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento de licitación anual, IVE excluído, do/das lote/s dos que resulte adxudicatario, multiplicado polo número de anualidades iniciais.

6. Obtención de documentación e información: Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra. Rúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra. Teléfono: 986 83 30 61. Fax: 986 87 40 70.

Perfil do contratante do Pazo de Congresos e Exposicións: www.pontevedra.gal

7. Presentación de ofertas: cláusulas 7 e 8 e anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Criterios de adxudicación e apertura de ofertas: segundo se especifica nos pregos:

• Cuantificable por xuízo de valor: memoria.

• Avaliables automaticamente: prezo, persoal, bolsa de horas, tempo de resposta para imprevistos, elaboración planos escenario e tramoia e elaboración de plan de autoprotección.

Pontevedra, 10 de maio de 2017

María do Carme Fouces Díaz
Presidenta do organismo autónomo Pazo de Congresos e Exposicións de Pontevedra