Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28365

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 29 de maio de 2017 pola que se fixan os prezos de venda ao público de diversas publicacións.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

DISPÓN:

1. Quedan aprobados os prezos de venda ao público das publicacións editadas por esta consellería e que se relacionan no anexo.

2. Estes prezos entenderanse, de ser o caso, co IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Tentativas críticas: #1:10 €.

Sobre letras e signos. Estudos en homenaxe a Anxo Tarrío: 13,21 €.

Os golfiños e o xigante: 9,80 €.

Marcha fúnebre para un monicreque: 5 €.

Martes de carnaval: As galas do defunto. A filla do capitán: 9,50 €.

Tentativas críticas: #2: 10 €.

Eva Lootz. Cut Through the fog: 30 €.

Observadores observados: 15 €.

Cadernos Ramón Piñeiro (XXXVII). Carlos Casares: homenaxe. De amicitia: 12,44 €.

Escritura y sociedad: La nobleza: 20 €.