Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28362

II. Autoridades e persoal

c) Substitucións

Presidencia da Xunta de Galicia

DECRETO 55/2017, do 9 de xuño, polo que se encarga o despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe á República Popular China, é necesario prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 148/2016, do 13 de novembro,

DISPOÑO:

Artigo único. Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Popular China, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 12 de xuño ata o seu regreso, ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente