Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28336

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de licitación do proxecto de substitución de céspede artificial no campo de fútbol de Coto Torrón.

Na Xunta Local de Goberno do 19.5.2017 aprobouse o expediente de contratación e os pregos de condicións do proxecto de substitución de céspede artificial no campo de fútbol de Coto Torrón.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Mos.

2. Obxecto do contrato: proxecto de substitución de céspede artificial no campo de fútbol de Coto Torrón. CPV 45212290.

Prazo de excución: 4 semanas.

3. Procedimento: aberto.

4. Prezo do contrato: 99.158,59 euros máis ao cal se lle engadiría o IVE: 20.823,30 euros.

5. Garantías. Provisoria: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe da adxudicación.

6. Obtención de información e documentación: a través da páxina web do Concello: http://www.mos.es/ e no Concello de Mos. R/ Reguengo, 1, Petelos. 36416 Mos. Pontevedra. Teléfono: 986 33 12 00, telefax: 986 33 66 18.

7. Requisitos xerais do contratista sinalados no prego de condicións administrativas. Clasificación: non se exixe.

8. Presentación de proposicións:

a) Prazo e lugar: no Concello de Mos (Pontevedra) durante os 13 días naturais (declarada a urxencia) desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no último boletín (DOG ou BOP). Das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera outro medio a que se refire o artigo 16 da Lei 39/2015.

b) Documentación necesaria: as proposicións en sobres pechados, coas inscricións e a documentación que se sinala nos pregos de condicións.

9. Apertura das ofertas: na Casa do Concello de Mos, o terceiro día hábil seguinte ao de finalización do prazo para a presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Mos, 12 de maio de 2017

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa