Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2017 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado e tramitación urxente, do servizo de limpeza no edificio do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar) (expediente C3/2017).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza nas instalacións do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

c) Prazo de execución: 6 meses, que se contarán desde o día seguinte á formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si. Poderase prorrogar por períodos semestrais (6 meses), ata un máximo de prórrogas de 12 meses en total.

e) CPV: 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente; aberto non suxeito a regulación harmonizada (documentalmente simplificado).

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).

4. Orzamento de licitación.

a) Importe neto: 17.238,00 €; IVE (21 %): 3.619,98 €; importe total: 20.857,98 €.

b) Valor estimado: 34.476,00 € (sen IVE).

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: segundo o disposto na epígrafe F da carátula.

7. Garantía exixida. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, IVE excluído.

8. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), Xerencia do Intecmar.

b) Domicilio: peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

c) Teléfonos: 986 51 23 20 e 986 51 23 22 (consultas administrativas e técnicas).

d) Telefax: 986 51 23 00.

e) Enderezo electrónico: intecmar@intecmar.gal

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación de ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación necesaria: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina do Rexistro do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar), peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío da oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax, fax (981 51 23 00), ou correo electrónico (intecmar@intecmar.gal).

d) Prazo no que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

b) Localidade e código postal: peirao de Vilaxoán, s/n, 36611 Vilagarcía de Arousa.

c) Datas e horas: a data e a hora que se indique na páxina web expresada no punto 8.g) deste anuncio.

11. Gastos de publicación: serán por conta do/s adxudicatario/s.

Vilaxoán, 2 de xuño de 2017

Mª Covadonga Salgado Blanco
directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia