Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28305

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 24 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-1039/2016-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-1039/2016-PPM e cinco máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 24 de maio de 2017

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: PSC-CO-1039/2016-PPM.

Persoa interesada: Iván Borja Jiménez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Portiño, 2, 2º I, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-1066/2016-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Dubra Collazo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Crocha de Levante, 41, A Pobra do Caramiñal.

Expediente: PSC-CO-1069/2016-PPM.

Persoa interesada: Gabriel Gabarri Jiménez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Portiño, 58, A Coruña.

Expediente: PSC-CO-1101/2016-PPM.

Persoa interesada: José Ignacio Vidal Pouso.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Escarabote, 95, Boiro.

Expediente: PSC-CO-1103/2016-PPM.

Persoa interesada: Ana santos Alonso.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida Vilaboa, 171, 5º esq., Culleredo.

Expediente: PSC-CO-1156/2016-PPM.

Persoa interesada: Gonzalo Antonio Alonso Galán.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Pintor Román Navarro, 13, 5º, A Coruña.