Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28324

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017 pola que se anuncia a corrección de erros no prego de prescricións técnicas publicado mediante Resolución do 29 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do acordo marco cun único empresario para a subministración de equipamento para o alumnado e profesorado no marco do proxecto Abalar-Edixgal, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/AM/0048).

missing image file

Como consecuencia da corrección de erros no prego de prescricións técnicas para a referida contratación, anunciada mediante a Resolución do 29 de maio de 2017 (data de envío ao DOUE), e publicada no Diario Oficial de Galicia número 104, do 2 de xuño de 2017, procédese a:

Primeiro. Facer público o contido da corrección de erros no seguinte enderezo:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=164674

Segundo. Esta corrección afecta ao prazo de presentación de ofertas recollido no punto 9 da dita resolución.

Data do envío do anuncio de información adicional ou rectificador ao Diario Oficial de la Unión Europea: 5.6.2017.

A data límite de obtención de documentación e información e da presentación de ofertas remata o 4 de xullo de 2017.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia