Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27868

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2017 pola que se amplía o prazo máximo para resolver e notificar a resolución do procedemento establecido na Resolución do 16 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

No Diario Oficial de Galicia núm. 42, do 1 de marzo de 2017, publicouse a Resolución do 16 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).

No punto cuarto da resolución establécese que o prazo para resolver e notificar a resolución será o 15 de xuño de 2017.

Tendo en conta que as solicitudes de axuda presentadas exceden as previsións e que a avaliación destas solicitudes require maior tempo, semella oportuno ampliar o devandito prazo.

Por todo o anterior, de conformidade co disposto no artigo 23 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas,

RESOLVO:

Artigo 1

Ampliar ata o 29 de xullo de 2017, inclusive, o prazo para resolver e notificar a resolución, previsto no punto cuarto da Resolución do 16 de febreiro de 2017 pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas destinadas á creación de empresas para actividades non agrícolas en zonas rurais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Galicia Rural Emprende).

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica