Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 25 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a iniciación do expediente sancionador MON-LU-0026/2017-FOR e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado pola xefa territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 25 de maio de 2017

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON- LU-0026/2017-FOR.

Interesado: Eladio Bañobre Soto.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: MON- LU-0033/2017-ASV.

Interesado: Antonio García Paz.

Acto notificado: acordo de incoación.