Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27910

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 10 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente IN407A 2015/297-1).

Expediente: IN407A 2015/297-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT, RBT Uxes Pobo.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

– Desmantelamento da liña eléctrica de media tensión aérea GRN-704 entre apoios nº 27 e nº 47, a 15 kV, cunha lonxitude de 1,879 km, coa orixe en apoio nº 27 existente da LMT GRN-704, condutores tipo LA-30 mm2 e tipo LA-56, e final en apoio nº 47 existente da LMT GRN-704. Retirada do CT Uxes pobo actual.

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CT Uxes pobo (proxectado) (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, coa orixe e fin en empalmes proxectados na LMTS GRN-704, no tramo entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e CS Souto (15CWB0), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, unha vez entre e saia do novo CT Uxes Pobo (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CS Uxes (proxectado) (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,068 km, coa orixe e fin en empalmes proxectados na LMTS GRN-704, no tramo entre o CT Breogán III (expediente 282/00) e CS Souto (15CWB0), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×40 AI, unha vez entra e saia do novo CS Uxes (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión subterránea a CCTT Uxes estación e Uxes urbanización (actuación nº 3), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,251 km, coa orixe no novo CS Uxes (proxectado), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV-1×240 AI, e final no paso aéreo-subterraneo proxectado que se vai realizar no apoio de formigón nº 48 existente da LMT GRN-704 (expediente 27.385), no tramo entre o CT Uxes estación (expediente 27.385) e o CT Uxes urbanización (expediente 272/99).

– Novo centro de transformación prefabricado Uxes pobo, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Novo centro de seccionamento Uxes pobo, 3L telecontrolado GSM/GPRS/FO, con envolvente de formigón manobra exterior.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que se xunta a este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puider practicar; a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 10 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/297-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT, CT, RBT Uxes pobo.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Número do predio: 2.

Lugar: Uxes.

Cultivo: Monte alto.

Propietario: Asociación Cultural Queiroa.

Afección de solo en pleno dominio: apoio, centro seccionamento-m2 21.0.