Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27904

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 8 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Fisterra (expediente IN407A 2017/020-1).

Expediente: IN407A 2017/020-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMTS, CTS lugar Escaselas, s/n.

Concello: Fisterra.

Características técnicas:

– LMTS a 20 kV, de 52 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2 Al), con orixe nun punto do tramo comprendido entre o CT Sardiñeiros de Abaixo (expediente 260/05-15XYY3) e o CT Fincas Barbanza (expediente 92/07-15XCCY), da LMTS POT-807, e final no novo CTS proxectado, facendo E/S.

– CTS Escaselas prefabricado compacto de manobra exterior sen envolvente metálica, cunha potencia de 250 KVA, unha relación de transformación de 20.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 8 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña