1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Instituto de Estudos do Territorio.
b) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Departamento de Xestión Xurídico-Administrativa.
2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
4º. Teléfono: 981 54 17 67.
5º. Fax: 981 54 17 57.
6º. Correo electrónico: departamento.xuridico.iet@xunta.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.
8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata as 14.00 horas do último día de presentación de ofertas.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizo.
b) Descrición: servizo para a realización dos traballos de posprocesamento e edición da cobertura LiDAR do Plan nacional de ortofotografía aérea.
c) Prazo de execución: 8 meses desde a formalización do contrato.
d) Admisión de prórroga: non.
e) CPV (referencia de nomenclatura): 71354000-4.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 3.6.1. do prego de cláusulas administrativas particulares e no punto 10 do seu cadro de características.
4. Valor estimado do contrato: 144.628,10 €.
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 144.628,10 €. Importe total: 175.000,00 €.
6. Garantías exixidas:
Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a especificada no punto 5.2. do cadro de características e a cláusula 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas:
a) Data límite de presentación: 15 días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de presentación coincidise en sábado ou día inhábil, o prazo de presentación finalizará o primeiro día hábil seguinte.
b) Modalidade de presentación: a sinalada na cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación:
1º. Dependencia: Rexistro da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.
2º. Domicilio: San Lázaro, s/n.
3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Admisión de variantes: non.
e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura de proposicións. O devandito prazo ampliarase en quince días hábiles cando sexa necesario seguir os trámites aos que se refire o artigo 152.3 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas:
a) Descrición: apertura pública.
b) Enderezo: San Lázaro, s/n.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante a data e a hora da apertura dos sobres B e C.
10. Subcontratación: de acordo co establecido na cláusula 6.2. do prego de cláusulas administrativas particulares.
11. Gastos de publicidade: o importe dos gastos de publicidade será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2017
Inés Santé Riveira
Directora do Instituto de Estudos do Territorio