Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Xoves, 8 de xuño de 2017 Páx. 27948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación, suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, do acordo marco de subministración de terminais Tetra de radiocomunicación para o acceso aos servizos da Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridade de Galicia (expediente 2017/AM/0032).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Departamento de Contratación.

c) Número de expediente: 2017/AM/0032.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: determinar as condicións homologadas que se aplicarán aos contratos derivados para a subministración de terminais de radiocomunicacións TETRA e accesorios relacionados que permitan a utilización da Rede corporativa de comunicacións móbiles dixitais de emerxencia e seguridade de Galicia (Resgal).

b) División por lotes e número: si, 4.

c) Prazo e lugar de entrega: o prazo de execución para a prestación do servizo obxecto do presente contrato será de 24 meses contados a partir da data de formalización do contrato.

d) Admisión de prórroga: si.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado: 3.994.500,00 € (sen IVE).

O valor estimado por lotes é o seguinte:

Lote 1. Terminal portátil: 1.920.000,00 € (sen IVE).

Lote 2. Terminal portátil ATEX: 340.000,00 € (sen IVE).

Lote 3. Terminal móbil: 1.390.000,00 € (sen IVE).

Lote 4. Terminal fixo: 344.500,00 € (sen IVE).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención da documentación e da información:

a) Entidade: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Enderezo: Monte Gaiás, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 52 86.

e) Fax: 981 54 52 74.

f) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=169134

g) Data límite de obtención de documentos e da información: ata o último día de presentación das proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia e clasificación: véxase a claúsula 4 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión de proposicións rematará o día 3.7.2017, de acordo co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

b) Documentación que deberá presentarse: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

• Entidade: Rexistro da Amtega.

• Enderezo: Edificio CINC, Monte Gaiás, s/n.

• Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

Cando a proposición se envíe por correo, deberá cumprirse o establecido no número 10 das disposicións xerais do prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura das ofertas: o lugar, día e hora de apertura da documentación relativa aos sobres B e C indicarase no perfil do contratante.

10. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación: os sinalados na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Data de envío do anuncio previo ao DOUE: 8.3.2017.

13. Data de envío do anuncio de licitación ao DOUE: 2.6.2017.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia