Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27608

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2017 pola que se anuncia a licitación do expediente 2017/CSUA1/000003 e tres máis.

Procedemento aberto e trámite ordinario.

Subministracións:

Expediente nº: 2017/CSUA1/000003.

Obxecto: equipamento de correlación de imaxes dixitais (DIC) ARAMIS 3D 12M.

Localidade: Lugo.

Provincia: Lugo.

Importe de licitación: 107.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 3.210 euros.

Prazo de execución: 45 días.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Para este expediente non se presentará o sobre B.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3446 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000004.

Obxecto: adquisición de equipamento de alta resolución en espectrometría de masas.

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 469.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 14.070 euros.

Prazo de execución: 45 días.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3534 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000005.

Obxecto: subministración e instalación dun espectrómetro FT-MIR, dun espectrómetro FT-NIR e dun microscopio RAMAN confocal de imaxe: lote 1 (adquisición dun espectrómetro infravermello por transformada de FOURIER que cubra o rango do NIR (infravermello próximo) e dun espectrómetro infravermello por transformada de FOURIER que cubra o rango do MIR (infravermello medio); lote 2 (adquisición dun microscopio RAMAN confocal con 3 láseres (488 nm, 532 nm e 785 nm).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 386.285 euros, IVE non incluído (lote 1: 155.969 euros, IVE non incluído; lote 2: 230.316 euros, IVE non incluído).

Garantía provisional: 11.588,55 euros (lote 1: 4.679,07 euros; lote 2: 6.909,48 euros).

Prazo de execución. lote 1: 7-10 semanas; lote 2: 12-14 semanas.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Para este expediente non se presentará o sobre B.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3681 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

Expediente nº: 2017/CSUA1/000006.

Obxecto: adquisición dunha consola e equipamento para un espectrómetro de resonancia magnética nuclear (RMN) de alto campo (17.6 T).

Localidade: Santiago de Compostela.

Provincia: A Coruña.

Importe de licitación: 685.000 euros, IVE non incluído.

Garantía provisional: 20.550 euros.

Prazo de execución: 7 meses.

Criterios de valoración: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Este equipo está financiado pola axuda con referencia UNST15-DE-3652 da convocatoria 2015 para infraestruturas científico-tecnolóxicas do Ministerio de Economía, Industria e Competitividade, cofinanciado con fondos Feder.

O anuncio de licitación dos expedientes 2017/CSUA1/000004, 2017/CSUA1/000005 e 2017/CSUA1/000006 foi enviado ao DOUE o 1 de xuño de 2017.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Universidade de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica.

c) Número do expediente: os arriba indicados.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: os arriba indicados.

b) Número de unidades que se van entregar/executar: o especificado no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de entrega/execución: os citados anteriormente.

d) Prazo de entrega/execución: os mencionados anteriormente.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación:

Importe total: os indicados anteriormente.

5. Garantía:

Provisional: as citadas anteriormente.

6. Obtención de documentación:

A documentación para participar no procedemento aberto poderá ser consultada ou descargada na páxina web www.usc.es/contratacion, correo electrónico contratacion@usc.es.

7. Obtención de información:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Casa da Balconada, Servizo de Xestión Económica.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 881 81 12 63, 881 81 12 60.

e) Fax: 881 81 13 66.

f) Enderezo web: www.usc.es/contratacion.

g) Data límite de obtención de documentos e información:

Expediente 2017/CSUA1/000003: 14.00 horas do 23 de xuño de 2017.

Expedientes 2017/CSUA1/000004, 2017/CSUA1/000005 e 2017/CSUA1/000006: 14.00 horas do 10 de xullo de 2017.

8. Requisitos específicos dos contratistas:

Clasificación: non se exixe.

9. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación:

Expediente 2017/CSUA1/000003: 14.00 horas do 23 de xuño de 2017.

Expedientes 2017/CSUA1/000004, 2017/CSUA1/000005 e 2017/CSUA1/000006: 14.00 horas do 10 de xullo de 2017.

b) Documentación que se vai presentar: a citada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación. Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Reitoría).

Domicilio: Praza do Obradoiro, s/n.

Código postal e localidade: 15782 Santiago de Compostela.

Ou en:

Entidade: Universidade de Santiago de Compostela, Rexistro Xeral (Edificio Servizos Administrativos-Biblioteca Intercentros, polígono de Fingoi, s/n).

Domicilio: Campus Universitario.

Código postal e localidade: 27002 Lugo.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses.

e) Admisión de variantes: non.

10. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Universidade de Santiago de Compostela. Casa da Balconada.

b) Domicilio: Rúa Nova, 6.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora:

Expediente 2017/CSUA1/000003. Sobre C: 13.00 horas do 5 de xullo de 2017.

Expediente 2017/CSUA1/000005. Sobre C: 13.00 horas do 19 de xullo de 2017.

Expedientes 2017/CSUA1/000004 e 2017/CSUA1/000006. Sobre B: 13.00 horas do 19 de xullo de 2017; sobre C: 12.00 horas do 31 de xullo de 2017.

11. Gastos de anuncios: serán por conta dos adxudicatarios a rateo.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Por delegación (Resolución reitoral do 22 de setembro de 2015,
DOG do 5 de outubro)
José Manuel Villanueva Prieto
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela