Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27448

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 10 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (código de procedemento TR807I).

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 97, do martes 23 de maio de 2017, procédese a efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 24888, no artigo 26.3, onde di: «No caso de incumprimento, salvo que se acrediten causas alleas á vontade do beneficiario, respecto da obriga establecida no artigo 22, punto 1, letra a), de manter a actividade empresarial durante polo menos dous anos», debe dicir: «No caso de incumprimento, salvo que se acrediten causas alleas á vontade do beneficiario, respecto da obriga establecida no artigo 24, punto 1, letra a), de manter a actividade empresarial durante polo menos dous anos».