Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27550

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 22 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto de mellora da drenaxe no camiño das Monxas e no camiño Pouquena en Sabarís, no concello de Baiona, promovido por Augas de Galicia (clave 2016/0052).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 16 de maio de 2017 relativo ao proxecto da drenaxe no camiño das Monxas e no camiño Pouquena en Sabarís, no concello de Baiona (Pontevedra), promovido por Augas de Galicia.

Este informe pódese consultar na seguinte ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático