Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2017, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de limpeza nos hospitais Montecelo e Provincial (expediente AB-EIP1-16-028).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Número de expediente: AB-EIP1-16-028.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de limpeza nos hospitais Montecelo e Provincial, pertencentes á EOXIPS.

c) Lotes: único.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, BOE e DOG.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 23.11.2016 (DOUE); 29.11.2016 (BOE) e 12.12.2016 (DOG).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 16.709.281,64 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 7.595.128,02 €.

b) Importe total: 9.190.104,90 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 17 de febreiro de 2017.

b) Data de formalización do contrato: 21 de marzo de 2017.

c) Contratista: Acciona Facility Services, S.A. (CIF A08175994).

d) Importe de adxudicación:

1º. Importe neto: 7.111.667,29 €.

2º. Importe total: 8.605.117,42 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Pontevedra, 19 de abril de 2017

José Ramón Gómez Fernández
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés