Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 22 de maio de 2017 pola que se notifica requirimento de retirada de vehículo con matrícula A-7674-DZ abandonado no dominio público portuario do porto de Viveiro.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se notifica a José Ediberto Salazar, con NIE X7091746H, en tanto que titular do vehículo marca Hyundai, con matrícula A-7674-DZ, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo acta-denuncia 09/16-014 do celador gardapeiraos con NIP 367106, o vehículo indicado atópase estacionado no porto de Viveiro en estado de abandono desde agosto de 2015.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo, a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 106.1 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, requírese a titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Viveiro.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá, en consecuencia, ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio se publicará no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia