Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ANUNCIO do 22 de maio de 2017 polo que se dá publicidade á resolución que declara a caducidade da concesión administrativa outorgada ao Club Náutico de Ortigueira con destino a explotación de instalacións náutico-deportivas.

De conformidade co disposto nos artigos 45 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se publica o presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado, adicional á notificación que se efectúa ao concesionario, para coñecemento de todas aquelas persoas descoñecidas no expediente que poidan ter a condición de interesadas.

Por Resolución do presidente de Portos de Galicia do 8 de maio de 2017, notificada ao concesionario o 10 de maio de 2017, declarouse a caducidade da concesión administrativa outorgada ao Club Náutico de Ortigueira para explotar as instalacións náutico-deportivas do porto, o que implica a extinción anticipada do título e a reversión da superficie e instalacións ocupadas, que se manteñen na súa totalidade, ao dominio público portuario, sen que Portos de Galicia asuma obriga laboral ou económica ningunha do titular da concesión, vinculada ou non á actividade obxecto do título extinguido.

Todas aquelas persoas que acrediten a condición de interesadas, poderán comparecer para coñecemento do contido íntegro do acto e constancia de tal coñecemento, na sede dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos na praza de Europa, 5-A, de Santiago de Compostela, nun prazo de dous meses contado desde a publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia