Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27324

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2017 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da Universidade de Santiago de Compostela (USC), pola quenda de acceso libre.

Á vista da renuncia presentada por Francisco Castro Alvaredo, como vogal titular do tribunal cualificador do proceso selectivo convocado pola Resolución reitoral do 7 de abril de 2017, para cubrir seis prazas da escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos da USC, publicado no Diario Oficial de Galicia do 24 de abril de 2017, o reitor resolve:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Francisco Castro Alvaredo, como vogal titular do tribunal cualificador que figura na convocatoria.

Segundo. Nomear a Xosefina Rosa Guitián Lema, funcionaria de carreira da USC, como vogal titular en substitución de Francisco Castro Alvaredo.

Terceiro. Nomear a Luis Alberto Blanco Rivadulla, funcionario de carreira da USC, como vogal suplente en substitución de Xosefina Rosa Guitián Lema.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpor o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

Juan M. Viaño Rey
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela