Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27416

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017 pola que se anuncia a licitación do contrato de subministracións de actualización e mellora do sistema de monitorización da calidade do aire do Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA) (expediente 2017/1012, 3 lotes), cofinanciado nun 80 % con fondos Feder (referencia UNLC15-DE-3097) e nun 20 % pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

– Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Patrimonio, Inventario e Xestión Económica-Sección de Contratación.

2º. Domicilio: Reitoría da Universidade da Coruña. Rúa Maestranza, nº 9, 1ª andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfono: +34 981 16 70 00 (extensións 1119, 1120).

5º. Telefax: +34 981 16 70 20.

6º. Correo electrónico: seccion.contratacion@udc.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.gal/contratacionadministrativa

8º. Data límite de obtención de documentación e información: durante o prazo de presentación de proposicións

• Número de expediente: 2017/1012 (3 lotes).

– Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: actualización e mellora do sistema de monitorización da calidade do aire do Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA). Lote 1: monitores automáticos de gases e partículas e captador gravimétrico de partículas. Lote 2: transmisómetro óptico e balanza analítica para filtros. Lote 3: contador de partículas por condensación.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: si (3 lotes).

d) Lugar de execución/entrega: estación de calidade do aire e laboratorio do Instituto Universitario de Medio Ambiente (IUMA).

1º. Domicilio: Pazo de Lóngora. Rúa Casares Quiroga, 29, Liáns.

2º. Localidade e código postal: Oleiros 15179.

e) Prazo de execución/entrega: 60 días naturais para cada un dos lotes.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV (referencia de nomenclatura): lote 1: 38400000-9; lote 2: 38400000-9; 42923000-2; lote 3: 38400000-9.

– Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinario.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).

– Valor estimado do contrato: 147.525,00 euros.

– Orzamento base de licitación.

Importe neto: 147.525,00 euros. Lote 1: 86.003,70 euros. Lote 2: 31.474,26 euros. Lote 3: 30.047,04 euros. Importe total: 178.505,25 euros. Lote 1: 104.064,48 euros. Lote 2: 38.083,85 euros. Lote 3: 36.356,92 euros.

– Garantías exixidas.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

Complementaria: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

– Requisitos específicos do contratista

a) Clasificación (grupo, subgrupo e categoría) (se é o caso): os que figuran no PCAP.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (se é o caso): os que figuran no PCAP.

c) Outros requisitos específicos: os que figuran no PCAP.

– Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: de luns a venres, antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o prazo remata en día inhábil, trasladarase ao día seguinte hábil.

b) Modalidade de presentación: a que figura no PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade da Coruña.

2º. Domicilio: Reitoría. Rúa Maestranza, nº 9.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes, se procede: especifícase no PCAP.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: especifícase no PCAP.

– Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura dos criterios non avaliables de forma automática (sobre B) e dos criterios avaliables de forma automática (sobre C).

b) Enderezo: Reitoría. Rúa Maestranza, nº 9.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora:

1º. Apertura do sobre B: o quinto día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación de proposicións, ás 12.00 horas.

2º. Apertura do sobre C: a mesa de contratación comunicará, a través do perfil do contratante o día e hora en que terá lugar.

– Gastos de publicidade: serán por conta das empresas adxdicatarias a pro rata.

– Outras informacións: o adxudicatario da contratación estará obrigado a cumprir as obrigas de información e publicidade comunitaria establecidas nos artigos 8-9 do Regulamento CE nº 1080/2006 do Parlamento Europeo e do Consello e concordantes, relativo ao Feder.

A Coruña, 26 de maio de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña