Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27302

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 3 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia competitiva, a proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), para o desenvolvemento sustentable das zonas de pesca no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) 2014-2020, ao abeiro das Estratexias de desenvolvemento local participativo (EDLP), e se convocan as correspondentes ao ano 2016 (Diario Oficial de Galicia número 166, do 2 de setembro).

De conformidade co establecido no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia: «Os órganos administrativos concedentes publicarán no Diario Oficial de Galicia, as subvencións concedidas con expresión da convocatoria, o programa e o crédito orzamentario ao que se imputen, beneficiario, cantidade concedida e finalidade ou finalidades da subvención».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2017, con cargo á aplicación orzamentaria 14.03.723C.780.1 para o financiamento de proxectos de cooperación interterritoriais e transnacionais dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP) aprobadas pola Consellería do Mar aos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), cofinanciadas nun 85 % polo FEMP.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Susana Rodríguez Carballo
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación 14.03.723C.780.1

Proxecto

Beneficiario/a

Total

Candieira-Rede de apoio e promoción das mulleres do mar en Galicia

GALP Ría de Pontevedra

22.687,40 €

GALP Golfo Ártabro Norte

22.687,52 €

GALP Costa da Morte

22.687,52 €

GALP Seo de Fisterra e Ría de Muros e Noia: costa sostible

22.687,52 €

GALP Ría de Arousa

22.687,52 €

GALP Ría de Vigo-A Guarda

22.687,52 €

Total

136.125,00 €

Experiencias mariñeiras na costa norte galega

GALP A Mariña-Ortegal

46.464,00 €

GALP Golfo Ártabro-Norte

18.755,00 €

Total

65.219,00 €