Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27397

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 9 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación de resolucións ditadas no expediente BS210A PO-0000050134 e seis máis.

De conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tentada a notificación de resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio dos interesados sen que esta se puidese practicar por causas non imputables á Administración, notifícaselles ás persoas citadas no anexo ou aos seus representantes para que, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para ter coñecemento do contido das ditas resolucións. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, a través da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, dirixido ao conselleiro de Política Social, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no caso das resolucións anteriores ao 1.10.2016, e de conformidade coa normativa reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas de aplicación.

Vigo, 9 de maio de 2017

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Nº de expediente

Apelidos e nome

(DNI)

Acto obxecto de notificación

Data da resolución

PO-0000050134

Otero Bermúdez, María

(35865062-N)

Recoñecemento da situación de dependencia

22.9.2015

VI-0000045886

Santamaría Rodríguez, Benito

(34540090-R)

Recoñecemento da situación de dependencia

14.1.2015

VI-0000011904

Lemes Cano, Yuley Guillermo

(39468762-A)

Revisión do recoñecemento da situación de dependencia

15.2.2013

VI-0000007869

Gómez Regueira, Mª Mercedes

(35853776-L)

Aceptación da renuncia e acordo de arquivamento

9.2.2017

VI-0000044511

Martínez Prieto, Laura

(35896448-A)

Arquivamento por incumprimento das obrigas, condicións ou requisitos específicos para determinar o dereito a cada unha das prestacións

9.3.2017

PO-0000052313

Blanco Osorio, Eduardo

(35146916-H)

Declaración de caducidade e acordo de arquivamento do expediente

20.2.2017

PO-0000055079

Teniente Fernández, Jesús

(38778333-B)

Aceptación da desistencia e acordo de arquivamento

13.12.2016