Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 25 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación do traslado de follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2015/169-1, no concello de Ferrol.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase do traslado das follas de valoración da entidade beneficiaria, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Recuamento LMT. SMR-712/SMR-713 rúa Instituto, no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/169-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 25 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/169-1

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: recuamento LMT. SMR-712/SMR-713 rúa Instituto

Concello: Ferrol

Predio

Titularidade

1

Descoñecida