Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27355

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 10 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe ambiental estratéxico da modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito das Veigas (poboado Encaso), concello das Pontes de García Rodríguez (expediente 2017AAE2012; código 1911/2017).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico do 9 de maio de 2017, sobre a modificación puntual das normas subsidiarias no ámbito das Veigas (poboado Encaso), concello das Pontes de García Rodríguez.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: http://cmaot.xunta.gal/busca-por-palabra-clave.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático