Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización da contratación da subministración de equipamento de videoconferencia para a Administración de xustiza en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0006).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a adquisición de equipamento de videoconferencia para a súa instalación e uso en centros da Administración de xustiza en Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 23.12.2016.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 206.500,00 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 206.500,00 € máis 43.365 € que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 249.865,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 8.5.2017.

b) Data de formalización do contrato: 22.5.2017.

c) Contratista: Spica, S.L.

d) Importe de adxudicación: 220.220,00 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia