Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 106 Martes, 6 de xuño de 2017 Páx. 27270

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se resolve a integración da Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Arzúa na Rede de bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do secretario xeral de Cultura e en conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro. Integrar na Rede de Bibliotecas de Galicia a Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro de Arzúa.

Segundo. A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que deberá axustarse ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro. O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non cumprirse este prazo deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivo definitivo da solicitude.

Cuarto. O posterior incumprimento do devandito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria