1. Entidade adxudicadora.
Xunta de Galicia: Consellería de Facenda.
Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.
2. Obxecto do contrato.
Tipo de contrato: arrendamento.
Finalidade: inmoble para sede da oficina agraria comarcal.
Descrición do obxecto: inmoble en planta baixa ou en planta baixa e alta dentro do núcleo urbano de Lalín, dunha superficie mínima de 350 m2 útiles e cos demais requisitos previstos no prego de condicións.
3. Procedemento.
Concurso público.
4. Tipo de licitación.
Mil douscentos euros (1.200 €) mensuais máis o IVE.
5. Obtención de documentación e información.
Consellería de Facenda. Subdirección Xeral do Patrimonio. Rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono: 981 54 41 51. Fax: 981 54 58 70.
Páxina web: http://www.conselleriadefacenda.es/a-conselleria/transparencia/contratacion-patrimonial/procesos-de-concursos
6. Presentación das ofertas.
O prazo para presentar as ofertas será dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que cómpre presentar: a indicada no prego de condicións.
Lugar de presentación: Rexistro Único da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), ou en calquera dos lugares previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro. No suposto de que se presenten as ofertas en lugares diferentes do Rexistro Único, deberá remitirse o mesmo día da presentación á Subdirección Xeral do Patrimonio un telegrama, fax ou telefax ao número 981 54 58 70 ou un correo electrónico ao enderezo pablo.viano.lorenzo@xunta.gal, indicando que se presentou a oferta e o lugar da súa presentación. No caso de non recibir esta comunicación, non serán admitidas as ofertas presentadas.
7. Apertura das ofertas.
Data: 17.7.2017.
Hora: ás 10.00 horas.
Lugar: sala de xuntas do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia na rúa da Pastoriza, nº 8, de Santiago de Compostela.
8. Gastos do anuncio.
Os gastos que orixine a publicación dos anuncios do concurso serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 10 de maio de 2017
María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda