Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27128

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos

EDICTO de notificación de sentenza (180/2016).

No procedemento de referencia foi ditada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 16 de xaneiro de 2017

Vistos por Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira e Instrución número 2 de Betanzos, os presentes autos de xuízo de divorcio seguidos co nº 180/2016, por instancia de Ada Milena García Posada, maior de idade, representada pola procuradora Sra. Souto Fernández e baixo a dirección letrada da Sra. Cortés Souto, contra Jader Castaño Múñoz, maior de idade, o cal non compareceu a pesar da súa citación en legal forma,

Decido.

Que debo estimar e estimo integramente a demanda formulada por Ada Milena García Posada contra Jader Castaño Muñoz e declaro disolto o matrimonio existente entre as partes por divorcio, con todos os pronunciamentos a iso inherentes coa adopción das medidas seguintes:

Acórdase a disolución da sociedade de gananciais.

Non facer especial pronunciamento en materia de custas.

Firme que sexa esta resolución, remítase testemuño ao encargado do rexistro civil competente.

Notifíquese a presente sentenza ás partes facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, sendo necesario que para iso se ingrese na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo mando e asino, Carmen López Moure, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Betanzos e os do seu partido xudicial. Carmen López Moure. Asinado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Jader Castaño Muñoz, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Betanzos, 6 de xaneiro de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza