Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de marzo de 2017, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información publica o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión da explotación Cupido fracción terceira número 5359.3, no concello de Quiroga, promovido por Cupire Padesa, S.L.

Para os efectos previstos no artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro (BOE núm. 296, do 11 de decembro), de avaliación ambiental, e, así mesmo, no artigo 21 e seguintes da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño) esta xefatura territorial

RESOLVE:

Someter a información pública, durante un prazo de 30 días hábiles, o proxecto de explotación, o estudo de impacto ambiental e o plan de restauración da solicitude de concesión de explotación que a continuación se describe:

Solicitante: Cupire Padesa, S.L.

Domicilio social: A Medua, s/n, 32300 Sobradelo de Valdeorras (Ourense).

Nome: Cupido fracción terceira.

Número: 5359.3.

Situación: Quiroga.

Cuadrículas mineiras: 5 (cinco) cuadrículas mineiras.

Recurso: lousa.

A designación do terreo é a seguinte:

Coordenadas do oco de explotación

Vértice

UTM X

UTM Y

1

652.858,096

4.714.379,681

2

652.558,849

4.714.377,375

3

652.552,736

4.714.302,864

4

652.622,514

4.714.174,338

5

652.842,759

4.714.145,807

6

652.806,655

4.714.220,529

7

652.850,987

4.714.298,185

Durante o prazo indicado aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas polo citado proxecto poderán consultalo nas dependencias do Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial, no concello de Quiroga e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras) e formular as súas alegacións perante este órgano administrativo, con enderezo na rolda da Muralla, nº 70, 2º baixo, 27071 Lugo, presentándoas en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido o período de información pública proseguirase coa tramitación da avaliación de impacto ambiental ordinaria prevista na Lei 21/2013, do 9 de decembro, a que está sometido o presente proxecto, cuxa autorización compete, como órgano substantivo, á Consellería de Economía, Emprego e Industria ao abeiro do establecido na Lei 3/2008, do 23 de maio.

Lugo, 16 de marzo de 2017

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo