Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2017, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito dos estatutos da Unión Galega de Policías Locais (Ugpol) co número 2017-82-3-1.

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais se acordou depositar con data 2.5.2017 os estatutos da Unión Galega de Policías Locais (Ugpol) de acordo co seguinte:

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: poderán ser membros aquelas persoas pertencentes ao corpo de policía local de Galicia que teñan interese no desenvolvemento dos fins da asociación. O ingreso terá carácter voluntario e deberá formalizarse remitindo a solicitude de ingreso xunto cos avais dos asociados.

Asinan a acta de constitución: Diego Díaz Outeda, Carlos Álvarez Álvarez, David Villar Piñeiro e Anxo Gallego Graña.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego